TusTextos

Felicidade

Comezas a poñer caras, a sorrir coma se foses parvo e ata mesmo, podes chegar a chorar. Non sabes o que é nin a que veu ese sorriso estúpido que che fixo vibrar por un momento xa acabado. Pero, de súpeto, algo pasa comezas a darlle voltas a cabeza e imaxinas que cando non está ó teu carón estrañate, comezan a repetirse os mesmos pasos e sen que te decates estás a sorrir ti só.
Varutxo06 de julio de 2012

Más de Varutxo

Chat